X Xornadas de Música e Danza Tradicionais Galegas en Vigo


Concurso que se celebrará o próximo día 27 de Decembro (domingo), no Teatro Principal Caixanova de Vigo. O acto comezará as 19:00h e reunirá un total de 7 grupos de diversas zonas do territorio galego, que actuarán na seguinte orde:

GRUPOS PARTICIPANTES:

1- C.C. A Ponte Vella (Reis-Teo)
2- Rosalía de Castro (Cacheiras)
3- Colexiata do Sar (Santiago de Compostela)
4- Malveiras (Vilagarcía de Arousa)
5- Flores Novas (Vigo)
6- Xirandola (Bandeira)
7- Tahume (Olveira-Riveira)

PREMIOS:

1º premio: 1.700 euros, medalla e diploma.
2º premio: 1.000 euros, medalla e diploma.
3º premio: 500 euros, medalla e diploma.
4º, 5º e 6º clasificados: accésit de 100 euros. E diploma
Premio especial ao mellor grupo de acompañamento: 300 euros.
Premio especial ao mellor vestiario de grupo: 500 euros.
Premio especial á mellor actuación de danza tradicional con coreografía arranxada: 1.000 euros.


2 comentarios:

Gorka dijo...

Hola Compañeiros/as:

Noraboa a todos pola actuación de onte, temos que seguir traballando así e non preocuparnos polo resultado "do xurado" de onte. Felicidades a todos.

Anónimo dijo...

Ola amigos, non teño absolutamente nada que ver coa pontevella, e máis son de Vigo...que aínda que pensedes que non se vos quere ben aquí (e non me extraña que o pensedes cas veces que participastedes aquí) que saibades que non é certo...todos nos lembramos de aquel ano que nas escaleiras principais o remate do concurso creo q no 2005 todos berrábamos tongo, tongo... A pontevella, a pontevella...e o de onte non quedou atrás.... para mín e para moitos dos que alí estábamos mereciades o primeiro e cando menos o segundo...pero xa sabedes como vai a cousa...pensade que actuachedes nun dos principais teatros de Galicia e que quen de verdade vale a pena seguro que soubo apreciar e disfrutou coa vosa actuación...sobretodo coa 2º parte....un bico e para min sodes os campeones!!!