Nova Páxina Web














Con motivo do seu 25 Aniversario, o C.C. A Ponte Vella presenta a súa nova páxina web! Durante a próxima semá a páxina irá cambiando xa que ainda se lle van a meter máis cousiñas e apartados! Esperemos que vos guste!







Serán de Música: Ponte Vella e Amigos - 20 Agosto


























O vindeiro 20 de Agosto, celebraráse o Serán de Música: Ponte Vella e Amigos; na Plaza dos Encontros, na Ramallosa, en Teo. Comezará as 22h.

Os grupos participantes serán:

  • Charanga e Pandereteiras do C.C. A Ponte Vella
  • Fiandola
  • Charanga o Recobio de Baamonde

E despois habrá... ESCEARIO LIBRE! Polo que todo o mundo podrá coller as súas gaitas, pandeiretas, tamboriles, bombos... e montar festa durante toda a noite!

Este serán facémolo para celebrar o 25 ANIVERSARIO do C.C. A Ponte Vella.

Habrá barra para todo aquel que queira apagar a sede (Cubatas a 3,50€)

No caso de que chova ou faga mal tempo, a festa trasladarase ó local social da Ponte Vella, ó lado do campo de fútbol do Praíña.

Para máis info: www.apontevella.blogspot.com

PD: Recordade, que o 29 de Octubre, o C.C. A Ponte Vella fará a súa Gala 25 Aniversario, no local social.

1 aperta!

Javi Magariños